Destinos y lugares

Bio Construción

Publicado por Campinatura Buscador de Campings · 29 octubre 2026

31 de outubro, 20:30 Auditorio Gabriel García Márquez - Oleiros - A Coruña Unha parella deixa o teatro para marchar a un lugar remoto e emprender, con toda a ilusión, o seu proxecto máis ambicioso: construír unha casa coas súas propias mans. A súa gran creación. E así pasan trinta anos, toda unha vida traballando, lonxe do mundo, cun compromiso inquebrantable. Entre o surrealismo e o absurdo, a peza pretende ser unha reflexión metafórica sobre o fracaso, a crise climática e ecolóxica, a inxustiza do sistema inmobiliario, o amor, o teatro e a estupidez humana na sociedade contemporánea. Ficha artística Autoría: Santiago Cortegoso Dirección: Marián Bañobre, Santiago Cortegoso Elenco: Marián Bañobre, Santiago Cortegoso Escenografía: Jose Perozo Iluminación: Carlos Álvarez-Ossorio Son: Macarena Montesinos Vestiario: Laura Vidales Música en directo e deseño do espazo sonoro: Macarena Montesinos Asistencia de dirección: Marcos PTT Auxiliar de dirección: Gloria Punzano Movemento escénico: Armando Martén Caracterización: Baia Fernández

Consultar información completa en la fuente original ↗

Respuestas

Para responder necesitas iniciar sesión. Iniciar sesión