Destinos y lugares

Tromsø

Publicado por Campinatura Buscador de Campings · 29 octubre 2026

31 de outubro, 20:30 Auditorio do Centro Cultural e Xuvenil - Muros - A Coruña Cando un ser querido nos deixa, o baleiro que queda énchenos dun silencio que, ás veces, nunca conseguimos facer desaparecer. Un silencio que se aferra ao corazón apagando para sempre parte da súa luz. Tromsø é unha reflexión en clave de humor dende a perda. Sobre a vida, a morte e todo o que queda entre medias. É un canto á tristura pero tamén á esperanza. Unha viaxe épica polos mares do norte, navegando entre tormentas, fiordes e enormes cardumes de arenque, na procura de respostas nun lugar onde as candorcas, co seu canto, desgarran o silencio salvaxe da aurora boreal. Ficha artística Autoría: Rafa Martínez Dirección: Rafa Martínez (texto e dramaturxia), Esther Latorre (dirección de movemento) Elenco: Miguel Gendre, Lara Pouso, Lidia Veiga Escenografía: Morraoconto, José Faro "Coti" Iluminación: José Faro "Coti" Vestiario: Morraoconto, Ana Gesto Música: Julia Ammerman (piano), Lucía Iglesias (violonchelo) Axudante de dirección: Clara Martín Máscaras: Rafa Rey Animacións, deseño e imaxe gráfica: Rafa Martínez Cámara e corrección de cor: Román Sanín A PARTIR DE 16 ANOS TEATRO, DANZA, MÚSICA EN DIRECTO, MÁSCARAS 80 MINUTOS

Consultar información completa en la fuente original ↗

Respuestas

Para responder necesitas iniciar sesión. Iniciar sesión