Destinos y lugares

Oh!

Publicado por Campinatura Buscador de Campings · 29 octubre 2026

31 de outubro, 20:00 Auditorio Municipal Xosé Manuel Pazos Varela - Cangas - Pontevedra Nun mundo feito de libros, alguén ordena ringleiras perfectas nunha rutina acompasada, sen fendas. Un volume, outro, outro máis… Ata que un día, un libro cae e con el derrúbase a orde: comeza así unha viaxe inesperada guiada polo desexo de ver o mar. Oh! é o novo espectáculo de AsSircópatas, unha peza de danza e circo para público familiar con música en directo. Un universo onde a escenografía se transforma e acompaña cada descubrimento. Unha viaxe sorprendente que nos lembra que, ás veces, abonda un pequeno xesto para que todo cambie. Ficha artística Autoría: Dani Blanco Dirección: Paula Quintas e Arturo Cobas Escenografía: Salva Neira Vestiario: María Dobronich e Alicia Root Música: Nerea Carpente e Alicia Root Coreografía: Paula Quintas Elenco artístico: Dani Blanco - actor Nerea Carpente e Alicia Root - músicas en escena

Consultar información completa en la fuente original ↗

Respuestas

Para responder necesitas iniciar sesión. Iniciar sesión