A metamorfose
Publicado por Campinatura Buscador de Campings · 29 octubre 2026
31 de outubro, 20:30 Teatro Jofre - Ferrol - A Coruña Que pasa cando lle quitamos a categoría de humano a un ser humano? Se non son seres humanos, que son? Bechos, insectos? Que pasa cando deixamos de ser útiles para a sociedade? A metamorfose amosa a necesidade de ser valorados polo que somos, non polo que producimos. É a historia dun home só, esmagado pola iniquidade dos outros. Sen a menor cerimonia, o texto coloca o público diante do famoso Gregor Samsa, transformado en insecto monstruoso. A partir de aí, a historia é narrada cun realismo inesperado que asocia o inverosímil e o sentido de humor ao que é tráxico, grotesco e cruel na condición humana - todo no estilo transparente e perfecto dese mestre inconfundíbel da ficción universal. A versión escénica de Carlos Álvarez Osorio explota a dimensión cómica e grotesca do texto, que ocasionalmente desemboca no hilarante “slapstick”. Ficha artística Autor: Frank Kafka Dirección e adaptación: Carlos Álvarez Osorio Escenografía e iluminación: Baltasar Patiño Deseño son: Renata Codda Fons Vestiario: Ruth Díaz Pereira Música: Vadim Yuknevich Coreografía: Nuria Sotelo Elenco artístico: Elena Seijo, Fernando Dacosta, Fernando González, Sabela Gago, Fina Calleja
Respuestas
Para responder necesitas iniciar sesión. Iniciar sesión