Destinos y lugares

Arqueoloxía en Monodose

Publicado por Campinatura Buscador de Campings · 6 noviembre 2026

9 de novembro, 19:30 Museo Arqueolóxico Provincial de Ourense - Ourense - Ourense O MAPOUR continúa co ciclo de "Arqueoloxía en monodose", para descubrir novas propostas e coñecer mellor o noso patrimonio, con charlas divulgativas os luns do mes de novembro. Tamén se poderán seguir en streaming, nas ligazóns que o museo irá subindo nas redes sociais. Son as seguintes: - 2 de novembro: "A igrexa de Santalla de Esperante (Lugo): estudos de investigación e documentación dun monumento excepcional da Gallaecia tardoantiga e altomedieval” por Rubén Darío Álvarez Asorey e Roberto Bartolomé Abraira A intervención nesta igrexa lucense permitíu descubrir unha fiestra do tipo prerománico asturiano Poderase seguir na ligazón: - 9 de novembro: "A vila romana dos Escouredos (Castro de Rei, Lugo)” por Manuel Lestón Gómez O xacemento dos Escouredos ou de Coega presenta unha edificación de época romana baixoimperial, que ten proporcionado un numeroso conxunto de materiais cerámicos, vidros, etc. e na que se terían desenvolvido actividades relacionadas coa metalurxia - 16 de novembro: "A Idade do Ferro do Noroeste: notas sobre identidade social, etnicidade e a percepción do «céltico»” por Samuel Nión Álvarez - 23 de novembro: "Patróns de ocupación no Paleolítico galego: as decisións que moldearon a paisaxe” por Mikel Díaz Rodríguez - 30 de novembro: "Tongobriga en perspectiva: novas formas de vivir o patrimonio arqueolóxico” por Jorge Sampaio As conferencias terán lugar no Centro Cultural Marcos Valcárcel, rúa do Progreso, 30. Ourense. A entrada é gratuíta.

Consultar información completa en la fuente original ↗

Respuestas

Para responder necesitas iniciar sesión. Iniciar sesión