Coralinda
Publicado por Campinatura Buscador de Campings · 1 noviembre 2026
6 de novembro, 20:00 Centro Socio Cultural de Abanqueiro - Boiro - A Coruña Coralinda é unha comedia xestual, interpretada ao estilo dos debuxos animados, destinada ao público familiar. O espectáculo propón unha ollada cómplice, reflexiva e sensible en relación coas experiencias que viven as persoas que, por cuestións de raza, xénero ou clase social, sofren comportamentos discriminatorios. Nun lugar cincento vive un señor todo vestido de cor cincenta que manipula unha serie de caixas... cincentas. Un día, chega unha muller. Leva un vestido colorido e ten unha actitude exuberante que non deixa a ninguén indiferente. Será posible que estas dúas persoas, aparentemente tan opostas, dean construído un lugar diferente, onde caiban moitas máis cores e máis persoas? Espectáculo subvencionado pola Axencia Galega das Industrias Culturais Ficha artística Autoría: María Torres e Gonçalo Guerreiro Dirección: Gonçalo Guerreiro Escenografía: Gonçalo Guerreiro Iluminación: Paulo Neto Produción de arte e deseño gráfico: Carolina Díguele Música: Manuel Fonte Loureiro Vestiario: Diego Valeiras Perrucas: Erea Pérez Fotografía: Daniel Nunes, Vanessa Rábade Elenco: Pablo Sánchez María Torres / Sofía Espiñeira A partir de 3 anos Teatro físico 45 minutos
Respuestas
Para responder necesitas iniciar sesión. Iniciar sesión