Destinos y lugares

Vitória

Publicado por Campinatura Buscador de Campings · 29 octubre 2026

31 de outubro, 20:30 Fórum Metropolitano - A Coruña - A Coruña VITÓRIA é o retrato dunha denuncia. Unha peza de teatro autobiográfico que conta o proceso xudicial ao que se someteu a actriz Iria Pinheiro cando interpuxo unha denuncia por acoso sexual contra o director do programa de televisión no que traballaba. A peza reconstrúe a historia que vai desde 2017 a 2023, intercalando a documentación xudicial do proceso co xogo e a ironía característicos do cabaré. Ficha artística Autoría: Iria Pinheiro Dirección: Susana Villaverde, Victoria Pérez, Salvador del Río, Iria Pinheiro Elenco: Victoria Pérez, Salvador del Río, Iria Pinheiro Escenografía: Abalo&Pinheiro Iluminación e son: Daniel Abalo Vestiario: Atôla Música: Mónica de Nut, DJ Concha Apoio á dramaturxia: Vanesa Sotelo, Ricardo Correia Axudante de dirección: Susana Villaverde ADULTO TEATRO DOCUMENTAL E CABARÉ 60 MINUTOS

Consultar información completa en la fuente original ↗

Respuestas

Para responder necesitas iniciar sesión. Iniciar sesión